top of page

Documentación e investigación

Museo Provincial de Lugo

O museo como centro de investigación e documentación ten como obxectivo prioritario o coñecemento das súas coleccións. A investigación é a base do desenvolvemento das restantes funcións museísticas: conservación, difusión, exposición, didáctica… Neste ano 2015 déuse un especial pulo a esta tarefa coa implementación dun proxecto concreto: INVESTIGACIÓN NO MPL.: FONDOS ARQUEOLÓXICOS que ademais derivará en mostras expositivas monográficas concretas que se plantexan despois da súa presentación no MPL, para a itinerar fóra de Lugo.

 

A través da Área de Cultura da Deputación co fin de estudiar e divulgar o noso patrimonio convocáronse tres bolsas formativas para outros tantos licenciados: en materia de investigación ceramolóxica (Adrián Folgueira), Educadora de museos (Cristina Rodríguez) e Arquivos e Biblioteca (Angel Arcay). Neste apartado hai que mencionar os importantes traballos realizados entre xuño e decembro de 2015 no que respecta á organización do Arquivo do MPL coa implantación do Ica/Atom: software libre para archivos e as bases de datos de materiais en reserva de xacementos arqueolóxicos no Departamento de Arqueoloxía.

 

Neste capítulo tamén incluímos a documentación no relativo ás tarefas obrigatorias e necesarias dos museos relativas ao inventario, catalogación e rexistro dos seus fondos, que se realizan a cotío.

 

A investigación nos distintos departamentos distingue a investigación dos fondos propios, as colaboracións en coloquios, cursos, seminarios ou similares, participación en foros científicos, colaboración con investigadores ou programas de investigación externos, difusión e/ou publicación dos resultados da investigación no BMPL principalmente, servizo de asesoramento e información aos usuarios e visitantes externos (presenciais ou non) e actualización documental dos fondos. Así mesmo, distinguimos e traballamos neste ano tanto na investigación devandita das coleccións, como na investigación da historia do museo como institución tal como se reflicte na listaxe de artigos publicados.

 

Incluímos no programa 2.1. o incremento de fondos bibliográficos dado que son tamén fontes e instrumentos de documentación e investigación.

 

Resumo de actuacións do P. de documentación/investigación:

 

  • Documentación constante e actualizada das coleccións nos distintos departamentos científicos do MPL.

  • Incremento dos fondos bibliográficos: adquisicións, intercambios e doazóns. Total de novos ingresos no Arquivo/Biblioteca no ano 2015: 362. Cantidade que supón un descenso con respecto ao ano anterior e que está formada principalmente por doazóns.

  • Continuación co intercambio de publicacións. No ano 2015 distribuíronse un total de 1.145 volumes entre as 229 institucións coas que temos establecido o Servizo de intercambio bibliográfico.

 

  • Continuación do rexistro, ordenación e catalogación de materiais sonoros e multimedia da Biblioteca.

 

  • Continuación do acondicionamento da doazón bibliográfica de Gayoso e o seu inventariado.

 

  • Asesoramento interno e externo para búsquedas bibliográficas ou documentais. No ano 2015 continúa a tendencia da primacía da biblioteca na totalidade das consultas externas e atención a investigadores realizada.

  • Fomento da biblioteca como recurso accesible para consulta e documentación especializada de usuarios externos. Acceso directo con apoio in situ. (Vid. Gráficos cuantitativos). O número de consultas na biblioteca no 2015 foi de 1.494, pero mantense un lixeiro crecemento no número de volumes consultados 4.843. O arquivo tivo 70 usuarios de consulta e investigación e 337 documentos ou unidades de instalación consultados.

  • Proposta de optimización de recursos no servizo público da biblioteca coas valoracións de adquisición de fotocopiadora de moedas para usos externos e propostas para incrementar e mellorar o devandito servizo con maiores recursos materiais como a proposta de adquisición de escáner profesional. (ambas pendentes de estudo e aprobación)

 

  • Aproveitamento do expurgo de libros da biblioteca para continuar coa iniciativa de doazón de publicacións: “Lévame”

 

  • Publicacións de Mª Ofelia Carnero Vázquez:

 

  • comunicación “Os Tesouriños da Colección Numismática do Museo Provincial de Lugo”. No 3º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba (xullo)

  •  

  • Creación dun arquivo dixital empregando ferramentas de software libre, programas de código aberto que unha vez que se dispoñan on line permitirán a todos os interesados acceder aos documentos sen ter que desprazarse ata ao Museo. Poderemos atopar a descrición de máis de catro mil documentos que se encontran depositados no Museo Provincial ou navegar polos índices que recollen máis de cincocentos lugares e máis de mil persoas identificadas na documentación. Trátase do Arquivo do Museo Provincial composto por vintesete fondos que foron doados á institución dende a súa fundación en 1932 e que organizou o arquiveiro Angel Arcay que disfrutou da bolsa de Arquivos/Biblioteca convocada pola Área de Cultura da Deputación a través do MPL.

 

  • Asistencia e presencia institucional en diversos foros relacionados co patrimonio cultural como: Xornadas Converxencia dixital das institucións da memoria. CCG. Santiago (6-7 maio); Convención numismática organizada pola ANVAR (Asociación Numismática Val de Ariz). (8- maio); “Encuentro de Museología ICOM-España. El profesional de museos: en busca de una definición”. MAN. Madrid (11-12 xuño); 3 Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba (20 a 22 de xullo) ; Xornadas Arte + coleccionismo. CCG. Santiago (4-5 novembro); III Seminario “La investigación en los museos” Arkeologi Museoa de Bizkaia (15 decembro)… etc.

 

  • Co obxectivo de difundir e divulgar as funcións, traballos realizados no MPL e/ou as súas coleccións, realizáronse varias conferencias externas e/ou charlas didácticas cos seus respectivos soportes/proxeccións visuais, principalmente a través de dirección: Charla na Convención Numismática realizada no MPL (maio); Conferencia nas Xornadas do románico de Pantón (29_maio); Ponencias no 3 Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba: “Museo de Arqueoloxía, Museo de Belas Artes ou Museo Provincial de Lugo. Orixe e formación das primeiras coleccións arqueolóxicas do MPL. (1932-1957)”. (Sesión 6). “Restauración e nova ubicación dos mosaicos de Batitales do Museo Provincial de Lugo”. (Sesión Pósteres). (xullo); conferencia nas xornadas de Lugo Patrimonio sobre o s. XIX: “ Pintura galega contemporánea do século XIX entrando no XX. Obras no MPL” (30 Setembro. Deputación de Lugo); conferencia no Museo Arqueolóxico de Cacabelos (León): “La colección de orfebrería antigua del MPL. Conservar, proteger y difundir nuestro patrimonio….” (7 outubro)…etc.

 

  • Proxectos concretos expositivos derivados da investigación previa realizada polos técnicos do MPL xunto con colaboracións puntuais doutro persoal da Área de Cultura da Deputación de Lugo: “Pensionados da Deputación Provincial de Lugo” (comisariado por María Quiroga Figueroa); “Un museo agradecido: homenaxe do Museo Provincial de Lugo ás persoas e entidades que o fixeron posible” (F. Arribas, A. Balseiro, X. Cuba, E. Lago, A. Reigosa, M. Salvador, A. Somoza) e “Cultura material do castro de Sta. María do Castro de Cervantes, Lugo” (E. Alcorta, A. Balseiro, O. Carnero, A. Folgueira).

 

  • Fomento do intercambio de coñecementos a través da posibilidade de asistencia a cursos de formación relacionados coas tarefas e funcións desenvolvidas polo persoal no seu campo de traballo: o Dpto. de Restauración realizou neste ano 6 cursos presenciais, o Dpto. de Biblioteca/Arquivo 1, o Dpto. de Arqueoloxía 3 e a Dirección 7.

 

  • Actualización, inicio e/ou peche de expedientes arqueolóxicos por resolución da Xunta de Galicia. Neste ano só se pechou 1 expediente, pero informáronse 21 depositados provisionalmente noutros museos e atendéronse 10 consultas do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta.

 

  • Continuación e mantemento de cifras na atención a investigadores e consultas externas e internas por parte de todos os departamentos durante o ano 2015 e, polo tanto, altos índices do número de documentos escaneados e fotocopiados (servizo que se ofrece de xeito gratuíto).

 

  • Colaboración indirecta en proxectos alleos a través da acollida temporal de investigadores para estudo de pezas. Ex: X.L. Armada Pita do Institute of Archaeology da University College London (UCL) para o proxecto de investigación “Atlantic late Bronze Age interaction through metal hoardes” ou co Prof. José Manuel Abascal Palazón, Universidade de Alicante, para a revisión dos materias epigráficos do MPL de cara ao CIL (Corpus Inscriptionum latinarum. Vol. II. Hispania).

 

  • Outro resultado de colaboración externa é a investigación realizada no transcurso dun préstamo para exposición temporal pola entidade peticionaria e depositaria da obra “Cristo atado a la columna”: o Museo do Prado, que confirmou a autoría de Cornelis Schut o que supuxo un importante novo dato para esa pintura atribuída ata entón a un discípulo de A. Cano.

 

 

  • Investigación dos nosos fondos museográficos e publicación e/ou difusión dos traballos de investigación e documentación das coleccións para o coñecemento e divulgación dos resultados correspondentes en artigos, conferencias e ponencias de congresos por parte do persoal técnico en distintos foros nacionais e internacionais representando ao MPL. 15 publicacións e 6 charlas da Dirección do MPL relativas aos nosos fondos ou coleccións, coordinación e/ou comisariado de exposicións, etc., e 3 comunicacións do departamento de Arqueoloxía. Exemplos de publicacións da directora, Aurelia Balseiro García:

    • artigo na Voz de Galicia (15/2/15) “A colección de ourivería antiga no MPL”

    • artigo para a Voz de Galicia (A Mariña e Lugo): “Patrimonio numismático” (6/4/15 e 7/4/15)

    • artigo para a Voz de Galicia (A Mariña): “O torques é un símbolo” (4/7/15)

    • artigo para a Voz de Galicia (A Mariña): “Os ornitomorfos e a eternidade” (24/8/15)

    • artigo revista Lucensia nº51 (2015): “Un museo agradecido. Homenaxe do Museo Provincial de Lugo ás persoas e entidades que o fixeron posible”

    • artigo revista Lucensia nº 51 (2015) recensión do catálogo de Neira Brochs

    • artigo para o nº 0 da revista dixital da UNED de Lugo: “Un home e unha colección: o conxunto de ourivería antiga de A. Gil Varela” (no prelo)

    • comunicacions no 3 Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba: “Museo de Arqueoloxía, Museo de Belas Artes ou Museo Provincial de Lugo. Orixe e formación das primeiras coleccións arqueolóxicas do MPL. (1932-1957)”. (Sesión 6). “Restauración e nova ubicación dos mosaicos de Batitales do Museo Provincial de Lugo” xunto con M.O. Carnero Vázquez (Sesión Pósteres). (21-22/7/15)

    • comunicación no III Seminario La investigación en los Museos (Arkeologi Museoa, Bilbao): “La investigación arqueológica en el Museo Provincial de Lugo. Proyectos de actuación en las colecciones de numismática y cultura material castrexa” (15/12/15)

    • “Historia dunha colección. Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo” revista ADRA nº 10 p.p. 51-64, MPG, Santiago de Compostela (no prelo)

    • “La investigación arqueológica en el MPL. Proxecto de actuación en las colecciones de numismática y cultura material castrexa” no III Seminario “La investigación en los museos” Arkeologi Museoa de Bizkaia (15 decembro)

bottom of page