Sobre nós
Rede Museistica; Modelo de xestión
A Rede Museística Provincial, foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano 2006, aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación Provincial de Lugo: Museo provincial de LugoL, San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.
A Rede Museística Provincial pretendía unificar criterios e obxectivos, incentivar a colaboración, optimizar os recursos, mellorar a comunicación e que todos se beneficiaran da condición de ser museos de acordo coa definición do ICOM.
Modelo de xestión
Mediante o achegamento ao público, diálogo coas distintas realidades, facendo que a institución que xestionamos se reinvente continuamente. Defendemos unha estrutura de xestión autónoma, profesional e participativa, que permita un
desenvolvemento máis sólido da Rede Museística, facendo dos nosos museos lugares máis próximos a todos os cidadáns, xerando, deste xeito, novas condicións para a distribución da cultura e accesibilidade ao noso patrimonio.
Traballamos con diñeiro público e non podemos restrinxir o acceso á cultura, así e todo debemos amplialo, acrecentando a capacidade da Rede de museos como espazo educativo e de investigación. Debemos abrirnos a novos públicos, crear redes de traballo con outras institucións e axentes culturais, artísticos e sociais do noso ámbito, nun entorno que debe ser totalmente descentralizado. O reto é lograr estender os efectos da nosa acción cultural ao maior número de públicos, sen por iso rebaixar o rigor e a calidade que deben marcar as características das actividades. Non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios, diferenciados, con intereses, gustos e formacións diversos; a todos eles queremos achegarlles os nosos museos.
"Capacidades diferentes e accesibilidade" son os parámetros nos que centramos a nosa actividade nos últimos dez anos. Esperemos que sigan servindo no futuro.