Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Foron incorporadas á exposición permanente do Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) dúas importantes coleccións que enriquecerán os fondos que neste museo se amosan. Trátase, por un lado, dun conxunto de sete camas, todas elas barrocas agás unha de época neoclásica, que foran retiradas para a súa restauración, xa que foron sometidas a labores de sentado e reintegracións de cor, estucado, desinsección, consolidación e ensamblado da carpintaría.
Asemade, estas camas foron sometidas a un profondo estudo, por parte de Mª del Rosario Fernández González, responsable de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística da Deputación de Lugo, o que permitiu datar e coñecer a procedencia xeográfica de todas elas. Cinco das sete camas realizáronse na rexión levantino-catalá, probablemente en Olot, no século XVIII, a imitación das que nese momento se estaban a facer en Italia. Teñen unha forma característica, con remate en copete e decorándose con esceas relixiosas, marmoleados ou paisaxes realizadas en policromía e dourado. Outra das camas é de tipo portugués cunha superposición de balaustres torneados típica do país veciño, policromada en tonos vermellos e verdes e presidida pola figura dun frade en actitude orante. Pecha este conxunto unha peza neoclásica de liñas moi rectas e decoración arquitectónica procedente de navarra.
A segunda colección está composta por un fermoso conxunto de esporas, procedentes de Arxentina, Chile e México, que foi incorporado á xa existente colección de cadeiras de equitación deste museo, que amosa dende sorprendentes pezas empregadas polos gauchos arxentinos ata delicados exemplares infantís.
Museo Pazo de Tor
Intervención expositiva co fin de manter unha preservación máis eficaz de algunhas pezas e de expoñer outras que non estaban expostas for falta dun espazo adecuado. Trasladáronse varias, peanas e vitrinas, reutilizadas para dar cubillo a diferentes pezas. A nova exposición e disposicón dos dos fondos do Museo Pazo de Tor, afectou a:
-
Sala Despacho. Na vitrina do despacho Libro. “El Arte de la Montería” de Argote de Molina. S. XVI.
-
Sala Cuarto infantil. Novos xoguetes década dos 60
Museo Provincial de Lugo
REPROGRAFÍA E ESCÁNER NA BIBLIOTECA/ARQUIVO. Nº DE DOCUMENTOS ESCANEADOS
O programa de coleccións engloba por unha banda os fondos museográficos e documentais e por outra os bibliográficos co común obxectivo da accesibilidade tanto a investigadores como a público xeral. No capítulo de incremento de coleccións ao igual que en anos anteriores, priman as doazóns aínda que tamén se efectuou algunha adquisición de bens mobles.
Subdivídese este punto 2 no programa de documentación, donde en base ás tarefas ordinarias increméntanse continuamente os datos para identificación, ordenación, catalogación, documentación gráfica, documentación varia, movementos das coleccións, etc., e no programa de investigación (externa e interna) donde se reflicte tanto a realizada polo persoal técnico do propio museo como o apoio aos investigadores externos segundo o seu eido de estudio.
Dous feitos son especialmente salientables no programa de coleccións no ano 2015: a doazón dunha gran colección de arte africana a través da sinatura dun convenio co seu propietario, Xoán Anllo, en abril de 2015 co futuro compromiso de Musealización, así como o regreso da colección de ourivería de A. Gil Varela.
Outras actuacións do P. coleccións:
-
Control e seguimento do sistema de xestión documental, mediante o transvasamento de datos ao sistema informático. Continuación dos traballos por departamentos:
-
Revisión do inventario numismático polo Dpto. de Arqueoloxía (case dúas mil moedas actualizadas) das que 579 (317 extranxeiras e 262 hispánicas) foron integradas ex novo nas bases de datos.
-
Creación dun inventario pormenorizado para varias intervencións arqueolóxicas depositadas nos almacéns con materiais cerámicos principalmente e a súa correspondente base de datos para os materiais de Castro de Rei (157 rexistros), Dorra (622 rexistros), Penarrubia e Orbazai (279 entradas) e Vilela (1.340 rexistros). Realizado polo bolseiro en materia de investigación ceramolóxica, Adrián Folgueira Castro.
-
Continuación da informatización/dixitalización das fichas catalográficas dos fondos das distintas coleccións do MPL. 85 fichas, xunto cos escaneados das fotos correspondentes, en BB.AA.; 390 en Etnografía/AA.DD e 579 en Arqueoloxía/Historia
-
Fotografiado mediante contratación externa dos bens mobles custodiados para catalogación e outros usos: fichas, publicacións, estudos, difusión… Fixéronse 1.130 para o dpto. de Etnografía/Artes Decorativas, 1198 para o dpto. de BB.AA., 1.198 para Arqueoloxía/Historia e 72 para outros departamentos varias que supoñen un total de 3.598 fotografías.
-
Atención e control dun dos servizos externos máis demandados: a solicitude de reproducións. Neste apartado separamos os fondos museográficos que a través dos departamentos de Arqueoloxía, AA.DD/Etnografía e BB.AA. xestionáronse 69 peticións que sumaron un total de 313 reproducións facilitadas. Os fondos bibliográficos e arquivísticos cuxos respectivos departamentos tiveron 168 peticións, supuxeron un total de 6.856 reproducións/escaneados sen contar as fotografías do fondo bibliográfico de Trapero Pardo (1.234) (Vid. Gráficos)
Movementos de fondos museográficos do MPL no ano 2015. (As altas inclúen ingresos por doazón, adquisición, depósito ou traslados de fondos e as baixas son levantamentos de depósitos)
-
Levantamentos temporais informados ao público por mor de exposicións temporais tanto de produción interna como externa.
-
Movementos de obras da exposición permanente para dinamizar os seus contidos. Ex: na colección de BB.AA. incorporación dunha nova pintura de Felipe Criado na sala 14 e un retrato realizado por Julia Minguillón na sala 16.
-
Promoción e difusión dos contidos arqueolóxicos do museo apoiando propostas como a II Convención Numismática de Lugo 2015 (maio) ou o proxecto de investigación do MPL adicado aos fondos arqueolóxicos na súa primeira parte.
-
Incremento de coleccións con novos fondos para o MPL. No departamento de BB.AA. houbo 12 incorporacións (e 3 baixas), no Arquivo/Biblioteca 362, no de Arqueoloxía 46 ingresos e no de Etnografía/AA.DD. 18 altas. (Vid. Gráfico de movementos de pezas: altas e baixas 2015).
-
Alternancia de fondos na exposición mediante rotación de obras en almacén, aportacións externas e/ou préstamos concretos. Ex.: “Acordanzas” adicada a Xulia Minguillón na súa sala monográfica (16) no mes de abril, donde se misturaron fondos propios en reserva con préstamos particulares, realizado polo Dpto. de BB.AA e coordinado pola Dirección do MPL.
-
Continuación dos traballos de reordenación das coleccións de arqueoloxía nos almacéns para a optimización dos seus espazos de reserva.
-
Novas iniciativas para achegar as coleccións aos visitantes: “10 obras senlleiras para visitar no MPL” (1 no verán e outra no Nadal). Elaboración de folleto e comezo da proposta no verán de 2015 e continuación con outro modelo no Nadal coa finalidade de proporcionar información de pezas representativas ou senlleiras para público cun tempo de visita limitado no MPL.
-
Xestións completas e control dos préstamos condicionados de obras para exposicións temporais externas, incluíndo os permisos correspondentes da Xunta de Galicia para saída temporal de bens mobles. Ex: Saída das xoias de acibeche do s. XVIII colar de Abadesa e Rosario de Abadesa para a exposición “O Camiño. A orixe” na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Xestións do préstamo doutras catro pezas para exposición temporal no 2016. Retorno do cadro “Cristo atado á columna” do Museo do Prado. Dentro dos préstamos temporais externos de fondos do MPL no 2015 para exposicións temporais non saiu ningunha peza de Arqueoloxía, 2 de BB.AA. e 2 de AA.DD/Etnografía.
-
Retorno da colección de ourivería de A. Gil Varela e reacondicionamento expositivo da sala 8.
-
Retirada de vitrina de imaxinería relixiosa na planta baixa colindante ao refectorio.
-
Substitución do sistema de suxeicción de obras de pequeno formato na exposición permanente para mellorar a seguridade.
-
Posta en valor dos fondos de reserva: a través de exposicións temporais, préstamos externos, investigación e/ou publicacións.
-
Fomento da accesibilidade ás coleccións: Acceso público ás coleccións da exposición permanente e atención personalizada a investigadores e outros usuarios a través dos respectivos departamentos con especial incidencia no número de consultas realizadas e xestionadas. Na atención a investigadores e consultas externas de fondos museográficos no 2015 houbo un total de 88 solicitudes: 45 para o dpto. de Arqueoloxía/Historia, 13 para o de AA.DD/Etnografía e 30 para o de BB.AA. Nese mesmo eido pero para os fondos bibliográficos e arquivísticos houbo un total de 98 consultas na biblioteca e 70 usuarios no arquivo do MPL.
-
Ao abeiro do aproveitamento de recursos segue a procederse coa externalización de fondos específicos cunha temática ou discurso concreto a través do préstamo temporal de exposicións xa producidas ou de coleccións en reserva que se ceden condicionadas pero de balde a outras institucións a través do que demos en chamar “Exposicións itinerantes” do MPL. No ano 2015 saíron dúas exposicións do departamento de Etnografía/AA.DD: para o Pazo de Tovar en Lourenzá e para a Feira de antigüidades de Sarria.
-
Fomento do incremento de coleccións a través de xestións varias para novos ingresos como depósitos ou doazóns principalmente e algunha adquisición como unha escultura de Asorey que finalmente quedou depositada in situ no panteón do cemiterio de San Froilán de Lugo. Coordinación e atención das propostas deste incremento das coleccións en base a informes técnicos.
-
Asesoramento científico informativo sobre pezas e coleccións para outras actividades internas do MPL. e fomento da colaboración interdepartamental.
-
Xestións administrativas para o traslado e coñecemento dos movementos de fondos ao Servizo de Patrimonio da Deputación.
-
Con motivo da doazón de obra por parte da familia do pintor Felipe Criado coincidindo co seu segundo cabodano (novembro) a dirección e a xerencia coordinaron unha xornada de lembranza ao artista despois da propia presentación da obra incorporada á colección permanente de arte galega.
-
No eido das colaboracións externas acollemos a distintos medios de comunicación para a realización de entrevistas, documentais ou programas de tv. posto que ao mesmo tempo se visualizan os nosos espazos e fondos expostos. Ex.: emisión o 14/12/15 no programa A Revista da TVG reportaxe do libro “Una casa en Amargura” e á súa autora Eliza Vázquez de Gey realizado no claustro do MPL.