top of page

Conservación

Museo Provincial de Lugo

Dando continuidade aos programas realizados en anos anteriores, os obxectivos xerais da conservación de museos priorizan a programación e realización das análises e exames necesarios para o coñecemento e control do estado de conservación dos fondos, desenvolvendo as tarefas necesarias de preservación, limpeza e restauración.

  • Actuacións individualizadas e de urxencia en función das necesidades do edificio que estiveran vencelladas ou afectasen directamente á conservación de fondos museográficos.

  • O acondicionamento da vidrieira das escaleiras principais e o pozo do claustro está pendente de execución por mor de esperar a colaboración da brigada do servizo de arquitectura.

  • Procesos ininterrumpidos de limpeza e control de vitrinas, expositores e fondos expostos na colección permanente.

  • Procesos de restauración de fondos museográficos de urxencia por deterioro ou de trámite, por necesidade e prevención. No 2015 fixéronse 6 restauracións de fondos de BB.AA., 8 de Arqueoloxía e 32 intervencións de conservación de índole diversa.

  • Realización dun reforzo estrutural para o cadro de Julia Minguillón Mi familia e seguimento do proceso externalizado pero feito in situ.

  • Adquisición de material de conservación e almacenamento para os fondos bibliográficos e arquivísticos.

  • Mellora da situación e conservación do Arquivo: cambio de ubicación e reordenamento.

  • Revisión e estudo de conservación de pezas de novo ingreso (altas e baixas). Ex: altas de cadros de Xulia Minguillón e Felipe Criado e baixas doutras obras de X. Minguillón.

  • Supervisión, análise e actuacións de conservación varias nas obras ingresadas temporalmente por mor de exposicións temporais. Ex.: só na mostra de “Arte galega contemporánea da colección de A. Gil Varela” realizáronse máis de 22 intervencións.

  • Revisión de fondos e valoracións xerais/continuas de estados de conservación tanto na exposición permanente como nos espazos de reserva.

  • Intervencións periódicas e rotatorias de limpeza e mantemento en pezas expostas.

  • Recepción e control do estado por mor da volta da colección de ourivería de A. Gil Varela.

  • Substitución parcial de barras fluorescentes por barras de leds.

  • Continuación coa topografía das coleccións permanentes.

  • Continuación coa topografía das zonas de reservas por departamentos.

  • Remate dos traballos de reorganización do almacén de arqueoloxía no soto da zona nova renovando os contenedores e os identificadores.

  • Xestións integrais do control de estados de conservación, embalaxe e traslado nos préstamos de obras para exposicións temporais externas.

  • Revisión e control constante das condicións xerais de exposición interna.

  • Control de movementos internos de fondos.

  • Coordinación e directrices para a elaboración por parte do departamento de restauración dun plan de limpeza relacionado coa conservación dos fondos museográficos como indicacións básicas para o Servizo encargado do tema en cuestión.

  • Fomento da formación en materia de conservación e restauración a través de permisos e axudas ao persoal técnico para asistencia a cursos ao respecto. Ex: Encontro de conservación e restauración no Museo de Pontevedra (novembro), Xornadas sobre conservación de castros, curso sobre emerxencias e xestión de riscos no patrimonio cultural… etc.

  • Acondicionamento de pezas mobles do Dpto. de Artes decorativas nos obradoiros do CENTRAD pendentes da súa carga de traballo.

  • Análise da situación de varias obras pictóricas, sobre todo na exposición permanente, e incorporación de novos marcos, carpetas e cristais con materiais axeitados e mellores garantías de conservación e exhibición.

  • Colaboración con outros servizos da Deputación para asesorías externas e internas en materia de conservación e restauración.

  • Coordinación e xestión de trámites para a realización de prácticas de estudantes de Escolas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: ESAPA de Avilés no Dpto. de Restauración do MPL.

 

bottom of page