top of page

San Paio de Narla

A tendencia en 2012 no Museo de San Paio foi de crecemento das visitas.

Rexitrouse un crecemento progresivo nos primeiros 3 meses do ano, superando mesmo os resultados do ano 2011. De abril a maio os resultados foron iguais ou lixeramente superiores.



O mes de agosto rexistrou un pico máximo de vistantes de 2228 visitantes

 

A partir de setembro e ata finais de ano as visitas mantiveronse nas mesmas cifrasque  o ano pasado, decrecendo considerablemente sobre todo no mes de decembro.



Os fins de semana seguen a ser os días con mais afluencia en San Paio.

Estadisticas anuais

Pazo de Tor

Un ano mais o pazo ed Tor rexistra unha considerable subida de visitantes en practicamente todo ano. 



O més de xaneiro, que mantén unha cifra similar a do ano pasado, e o de outubro, cun descenso duns 200 visitantes, son os únicos meses do ano que non aumentaron o número de vistantes en relación ao 2011.



Como é habitual, os fins de semana son os dias con mais afluencia no Pazo. 



 

Museo do Mar

O Muse Provincial do Mar manten uns números moi semellantes aos do ano pasado. Os meses de verán seguen a ser o tempo do ano no que mais visitantes se achegan a visitar as coleccións do museo. Non experimentou practicamente nin subidas nin baixadas de afluencia en ningún dos meses.



POr idades, a franxa que comprende entre os 40 e os 65 anos é a que preferentemente visita o museo. E elixen preferiblemente o fin de semana para realizar a visita. Como dato curioso cabe sinalar que a diferencia do resto de museos da rede, no do Mar, é o sabado o día da semana que mais xente se achegou ao Museo.

Museo Provincial

 

bottom of page