top of page

Conservación

San Paio de Narla

Levouse a restaurar:

- Un guantelete de cota de malla

- Unha espabiladeira

- Dous cristos da cociña.



Asi mesmo presentouse un proxecto para a a desinsectación integral do edificio e das coleccións que esta pendente de aceptación que inclue:



- Tratamento curativo de shock térmico maís tratamento preventivo por  aplicación de producto insecticida-funxicida aos mobles.

- Tratamento antixilófagos mediante impregnación de xel insecticida de funxicida na superficie dun carro.

- Tratamento antixilófagos mediante impregnación e inxección a través de válvulas antirretorno  de xel insecticida-funxicida autopenetrante, en vigas e pontones que conforman o forxado estructural en todas as estancias pertencentes á fortaleza, incluida a capela. Previamente

a mencionado tratamento  realizarase unha labor de limpeza e eliminación da porción de madeira afectada polo ataque de insectos xilófagos en todos aqueles elementos da estructura nos que sexa necesaria esta intervención, e posteriormente estas zonas serán teñidas e
barnizadas na color orixinal

Pazo de Tor

- Restauración dos carruaxes
- Desinfección e tratamento preventivo para os libros da biblioteca.
- Limpeza, enmarcado e restauración de marcos das  obras: “A caridade romana”, “Susana e os vellos”, ”As Cabareteiras” e “Dama con neno”.

- Limpeza das pezas de guarnicionería.



Asi mesmo presentouse un proxecto para a a desinsectación integral do edificio e das coleccións que esta pendente de aceptación que inclue:



- Tratamento curativo de shock térmico + tratamiento preventivo por  aplicación dun producto insecticida-funxicida aos mobles das diferentes estancias do Pazo.

- Tratamento antixilófagos mediante impregnación e inxección a través de válvulas antirretorno  de xel insecticida-funxicida autopenetrante, en vigas e superficies que conforman o forxado estructural en todas aquelas estancias afectadas por ataques de insectos xilófagos. Previamente a dito tratamento farase unha labor de limpeza e eliminación de depósitos de pó nas superficies que o requiran (faiado) cól fin de facilitar a absorción do producto

Insecticida. Tamén nas superficies que o requiran (cuarto de Obispo)  acuchillarase o barniz co mesmo fin reporase unha vez rematado o tratamento.

Museo Provincial de Lugo

- Realizouse unha inspección das obras realizadas en madeira policromada, pertencentes á sección de   arte   relixiosa,   para   avaliar   o   seu   estado   de   conservación   e   maila   urxencia   relativa   de intervención sobre elas. Varias das obras foron incluídas no plan anual para o ano 2012.


- Iniciouse  a revisión peza a peza, das obras que  se  atopan gardadas no  almacén de  Belas Artes, documentando   o   estado   de   conservación   actual   de   cada   unha   delas,   e   rexistrando   con fotografías e mapas de alteracións as diferentes patoloxías detectadas. Ata  o  momento,  fíxose  completo  o  exame  dos  peines  1A  e  1B,  con  28  cadros  supervisados  e fotografados. Está en proceso a realización dos diagramas de danos e das fichas
correspondentes. Aproveitouse  esta  exploración  para  realizar  unha  limpeza  superficial  de  po  e  detritus  animais,
con  aspirador  e  brocha  suave,  tanto  do  anverso  coma  do  reverso  dos  cadros,  para  poder controlar no futuro a posible actividade de xilófagos.


-  Acometeuse  a  revisión  do  estado  de  conservación  das  obras  expostas  no  claustro  do  Museo, completándose   a   supervisión   e   fotografado   das   pandas   norte   e   oeste.   Está   en   proceso   a realización os diagramas de danos e mailas fichas correspondentes. Coincidindo con este exame, efectuouse unha limpeza xeral das obras pétreas de arqueoloxía e etnografía.



- Supervisión  quincenal  das  salas  para  verificar  o  estado  físico  de  pezas  e  coleccións  para identificar as posibles anomalías (xilófagos, fungos, liques, mofo, etc.) que poñan en risco as coleccións.



- Inspeccións periódicas das obras gardadas nos almacéns.



- Seguimento  particularizado  dos  fondos  dos  museos  nacionais  depositados  no  MPL  (Museo

do  Prado  e  Museo  Centro  de  Arte  Reina  Sofía).



Resolución  de  imprevistos  en  exposicións  temporais,  exposición  permanente  ou  almacéns,

derivados de accidentes, avarías, problemas de conservación.



- Intervencións sobre pezas que deban ser restauradas antes da súa saída en préstamo.


- Intervencións  sobre  pezas  que  pasen  a  engrosar  os  fondos,  ou  cheguen  para  exposicións temporais, e requerían unha intervención restauradora.



- Intervencións sobre pezas a causa de cambios expositivos.


-  Intervencións sobre pezas por causas diversas (efemérides, solicitudes de reprodución…)



- Revisión e estudo das condicións de conservación para proceder ao proxecto de restauración, reenmarcado e nova exposición da obra en papel de Castelao.



- Comezo do proxecto de topografía das coleccións permanentes coa sección de Belas Artes.



- Comezo do proxecto de topografía das zonas de reservas por departamentos.



- Comezo dos traballos de reorganización do almacén de arqueoloxía comenzando pola habilitación e consolidación de estanterías de almacenaxe preexistentes.



- Fomento da formación en materia de conservación e restauración a través da estancia en prácticas de alumnado mediante acordos de colaboración como o realizado coa Escola de Arte do Principado de Asturias (mes de xullo).



bottom of page