top of page

Museo Etnográfico de San Paio de Narla

Traballos de catalogación para a redacción do Catálogo de San Paio de Narla por parte do Departamento de Etnografía

Museo Pazo de Tor

Traballos de inventario topográfico das diferentes coleccións do pazo

Museo Provincial

- Control e seguimento do sistema de xestión documental mediante o transvasamento de datos ao sistema informático. Continuación dos traballos por departamentos.



- Continuación da dixitalización das fichas técnicas dos fondos das distintas coleccións do MPL.



- Incremento de coleccións con novos fondos para o Departamento de Belas Artes principalmente. Ex: doazóns de Blas Lourés, Vázquez Cereijo.



- Posta en valor dos fondos de reserva a través da súa investigación e/ou exposición así como pola publicación dos catálogos dalgunha colección coma o de Castro Freire.



- Alternancia de fondos na exposición mediante rotación de fondos en almacén, aportacións externas ou préstamos concretos.



- Inicio traballos de reordenación das coleccións de arqueoloxía nos almacéns e optimización dos seus espazos de reserva.



- Revisión das coleccións con novas lecturas: 3ª edición do proxecto Diálogos co colectivo LIBA cunha intervención de diálogo coa sección de Arte Galega a través dos reversos da obra de arte e mediante recursos audiovisuais.



- Xestións completas e control dos préstamos condicionados de obras para exposicións temporais externas.



- Posta en valor dos fondos de reserva a través de exposicións temporais, préstamos externos, investigación e/ou publicación.



- Diversos estudos e propostas de acondicionamento espacial tendo en conta a necesidade de espazos e as limitacións do edificio (ex: baixocubertas).



- Informes sobre deficiencias estruturais do museo, en especial no que atinxe a filtracións e humidades varias recurrentes, pola súa repercusión directa nos fondos expostos.



- Fomento da investigación das coleccións a través de bolsas como a de ceramoloxía dos materiais castrexos do MPL para investigadores externos.



- Fomento da accesibilidade ás coleccións: Acceso público ás coleccións e atención personalizada a investigadores e outros usuarios.



- Dirección e coordinación dos distintos departamentos científicos para a realización e priorización das propostas e plans de traballo relativo ás coleccións.



- Externalización de fondos en depósito. Ex: renovación do convenio do Mapa Fontán co IES “Lucus Augusti” de Lugo.



- Fomento do incremento de coleccións a través de xestións varias para novos ingresos a través depósitos ou doazóns principalmente. Propostas de incremento de colección en base a informes técnicos.



- Revisión, actualización e normalización administrativa dos acordos de depósito con museos estatais.



- Difusión dos traballos de investigación e documentación das coleccións para o seu coñecemento e divulgación.



- Supervisión e coordinación da habilitación dun novo espazo de almacenaxe externo para o traslado dos fondos depositados no actual edificio da TIC ao pavillón nº 2 de Sta. María (ambos os dous locais da Deputación de Lugo).



- Solicitude de topografía e comprobación de fondos do inventario a todos os departamentos científicos para a elaboración dun plan de seguridade, e a redacción dun plan de conservación preventiva dende a xerencia.



 

bottom of page